miércoles, 25 de noviembre de 2009

OS PIARES DA TERRA EN SANTIAGO

Nada máis se pode dicir dun dos libros máis leidos e comentados dos últimos tempos (a pesar do seu tamaño). Sempre chamoume a atención a magnificiencia das grandes construccións como as catedrais, pero custábame saber como se sentirían as persoas que traballaban na súa construcción, ou que vivían no entorno da mesma, sabendo que era moi posible que nunca viran rematado no transcurso da súa vida algo tan enorme e costoso. Pola miña formación, sí estou familiarizado con esa sensación no caso dos bosques de especies de lento crecemento (carballeiras, teixedais), pero non con "creacións humanas". Pode que en Barcelona teñan unha sensación similar coa Sagrada Familia (aínda que xa está bastante avanzada). Pero creo que hoxe en día, esa sensación pódese ter en Santiago coa "cidade da cultura" do monte Gaias, que vexo tódolos días xa que vivo ao pe del. Polo menos creo que é unha sensación que se aproximaría, aínda que aqueles habitantes do Santiago medieval tiñan claro o obxectivo desa magnífica construcción que era a catedral e que quizá nunca viran rematada, como expresión da súa fe e custodio dunhas reliquias santas (e pode ser que a moitos lles parecera unha tolería e un despilfarro de diñeiro facer iso con ese obxectivo). Pero ninguén soubo nunca para qué servirá esta cidade da cultura, nin sequera os de Discovery Channel e o seu más que recomendable documental adicado a cidade da cultura na súa serie "Megaconstruccións", aos que non hai moito emulamos (salvando as distancias) cunha visita ao monte Gaiás e algunhas fotos para que vexades como vai a cousa (a pesar de que parece ser que non está permitido subir, hai un caminiño polo que se pode subir sen ningún impedimento nin barreira ata que o garda de seguridade te avise unha vez que levas 15 minutos dando voltas por alí...).


 Chegando

 
 



 
 
 
 
 


 

 

 
O camiño que leva á montaña...

 
 A entrada ao camiño (semella tapada, pero non o está...)



Dende abaixo...



No hay comentarios: