viernes, 30 de mayo de 2008

¿A GALICIA SONADA?

Á esquerda pódese ver unha páxina dunha revista cun anuncio sobre turismo en Galicia do ano, se non me equivoco, 2005. Xa daquela chamoume a atención como parece que vaise asumindo (ou queren facerlle a un asumir) o feito de que o verde debido ós eucaliptos ó redor desa casiña que é o lugar de ensono no medio da natureza é o normal en Galicia (isto desgraciadamente é certo), e ademais é o desexable...Sensacións vivas, dí. Non sei moi ben se isto é unha aceptación tácita dunha realidade inevitable, ou un tentar vendernos Galicia como o paraiso do "verde eucalipto". O raro é que non atopei aínda un anuncio destes cos muíños de vento no Xistral como prototipo dun novo ecosistema que ó final até semellaranos enxebre...
¿Será a Galicia sonada por ser a dos nosos sonos, ou a Galicia "sonada" porque vai dando tumbos sen chegar a atopar o seu equilibrio?

viernes, 23 de mayo de 2008

MÁIS PREGUNTÓNS

Hace un tiempo, un amigo me preguntó sobre una duda bastante interesante que le estaba rondando.
Por su experiencia en trabajos de cooperación, sin saber muy bien como, le habían convocado para una entrevista para el Banco Mundial... Aunque su primer pensamiento fue "ni de coña", cuando ha intentado explicarle a su madre porque el banco mundial es malo se ha dado cuenta de que realmente no tenía más idea de unas generalizaciones antiglobalización del tipo "son malos y punto" y "los ajustes estructurales de argentina han provocado la crisis economica".
Como este amigo es "un preguntón" (lo que también dijo Galeano de si mismo no hace mucho), como todo preguntón se plantea cosas y no le gustan ese tipo de generalizaciones, así que decidió profundizar, y en ese proceso de profundización la pregunta que me hizo fue, nada más y nada menos, 3 razones para ir a la entrevista y tres razones para no ir...

Tres motivos para ir a la entrevista:
- Aprender
- Siempre hay que aprovechar la oportunidad de ver como trabajan los distintos agentes que están metidos en esto de la cooperación
- El BM es una herramienta, no un fin, y si hubiera muchos tíos como mi amigo y otros que he ido conociendo en este ambientillo ahí dentro puede que se hicieran las cosas de otra forma...

Para no ir:
- Que sé que se quemó bastante viendo como se trabajaba en una sede de la ONU, así que en el BM no quiero ni pensar como acabaría...
- Ese riesgo de quemarse viene de que si bien el Banco Mundial sólo es una herramienta, es una herramienta hecha muy a medida de determinados grupos que la manejan. Las herramientas muchas veces se hacen con un fin específico para el cual está muy bien adaptadas, aunque también se podrían usar para otros fines aunque no estuvieran tan adaptadas. En este caso un Banco, aunque sea Mundial, es un banco, y es un instrumento al servicio del capital. Si se hicieran préstamos a los pobres con bajos intereses (dicen que hacen eso, el menos en la Wikipedia...), o emplearan algún tipo de instrumentos financieros o incluso estrategias de trabajo afines al modelo de desarrollo en el que yo creo (actuar localmente, pensar globalmente, promoción de autoabastecimiento y equilibrio regional, etc., etc.) pues podría dormir tranquilo por la noche. Pero los grupos de poder y países que lo dominan no tienen "exactamente" ese modelo de desarrollo que yo defiendo como el deseable...sólo hay que ver la lista de actuaciones histórica, y aunque últimamente se han relajado no deja de vérseles el plumero a la hora de priorizar acciones de inmersión en mercado globalizado, priorización de exportaciones y especialización de la producción, y otras cosas que a mí particularmente no me convencen (lo de Argentina fue solo uno más del gran mar). Pero insisto, esto quizás se podría cambiar desde dentro, aunque con grave riesgo de la salud de la conciencia de los "preguntones".
- Y la última para no ir es que los que emplean la herramienta no son todos los países del mundo en igualdad, sino que hay el mismo problema que la ONU con su consejo de seguridad, que es quien realmente manda...

martes, 13 de mayo de 2008

O PREGUNTÓN DE GALEANO

Onte en Santiago de Compostela o Clube Internacional de Prensa tiña un invitado de excepción, Eduardo Galeano, presentado por Manuel Rivas. De Galeano e a súa obra pouco hai que falar. Todo se sabe tamén da súa simpatía esquerdista, o seu pouco disimulado anticlericalismo e a súa aínda menos disimulada afección polo fútbol (dixo: "dúas das cousas máis importantes na vida son o humor e o amor, ademais do futbol, claro" co seu acento uruguaio, que parece feito adrede para falar de fútbol).
Veu presentar o seu novo libro (unha librería fixo o seu agosto vendendo á entrada tódala súa bibliografía, o cal paréceme moi ben, por suposto, hai que aproveitar as ocasións en que á xente lle da por comprar libros), leu e comentou fragmentos do mesmo, falou de vivencias propias e alleas, e as 2 horas que un Auditorio de Galicia a rebosar viviu foron como 5 minutos.

Desa presentación quédome con tres cousiñas (foron tantas...):
- Definiuse profesionalmente non como escritor, senon como "preguntón". Esa palabra ten moitas implicacións..., e como el mesmo dixo, como ten moitas moscas na cabeza e non atopa insecticida que as mate, pois surxen libros como este. Mira que as moscas non me caen ben, e aínda que a dona da Cova mo ten prohibido sempre que podía as cazaba..., pero se fan que salgan libros como estes é pra pensar en volverse criador de moscas. O feito de preguntar non é calqueira leria, é un arte. Saber qué preguntar soe ser a clave para atopar as solucións. E Galeano paréceme que ten unha virtude que penso que todo "preguntón" que se precie debe ter, que é saber preguntar como o faría un neno, sen prexuízos nin tabúes.
- Falou do bo que é a diversidade: a cultural (moitos mundos dentro dun mundo), de pensamento, e eu engadiría que de todo... Non en van é unha das propiedades máis importantes que aseguran á sostenibilidade dos ecosistemas (e Gaia xa vimos que é sabia...).
- A capacidade que ten de extraer pequenos detalles e esceas da vida cotiá de persoas de toda índole e de todo o mundo e fiar a partir deles pensamentos de validez universal (que me perdoen os relativistas...) e duhna clarividencia asombrosa paréceme admirable, e lémbrame a un libriño ben bo que se chama O Deus das Pequenas Cousas.

No coloquio ademais das inevitables divagacións de xente que se emociona ó ver un dos seus "mentores", ou preguntas de temas máis políticos, alguén preguntou pola visión que ten o escritor (perdón, o "preguntón") dos galegos e a súa opinión respecto da que hai en Sudamérica (para entenderse, os chistes que aquí son dos sufridos lepeiros en Sudamérica son "de gallegos"). E dixo que isto é así porque os galegos son traballadores, e a visión que hai por alí diso é de ser tontos...De feito mencionou que nun lugar ó corazón chámaselle "bobo". El pensaba que era porque se enamora, pero resulta que é porque non para de traballar dende que se nace ata que se morre...
Moito se aprende escoitando a este home...

sábado, 10 de mayo de 2008

AUTOCENSURA DOS MEDIOS?

¿Qué está pasando aquí? Xa hai ben tempo que ocorreu, pero eu entereime hai pouco. Pecharon a páxina de aduaneiros sen fronteiras, o humor da terra feito debuxo. E iso non é o malo..., o malo é o porqué. Apenas se podería enterar un co que eles contaron, pero neste artigo os de Galicia Confidencial algo contan. Isto é case autocensura, hai que ver cantos medios de comunicación galegos mencionan..., seguro que ningún deses dixo nin pío.
E non é que me importe moito o que pase coa fábrica de Sargadelos nin as lerias coa poetisa (as figuriñas son bonitiñas, non hai que negalo, pero unha empresa é unha empresa, e o de converter o toro de Osborne nun símbolo cultural non é algo do que se poda estar orgulloso, polo que tampouco faría disto un ataque á Galicia tradicional).
"As xentes da cultura" pegándose entre si, en fin, pasa até nas mellores familias...