¿Qué está pasando aquí? Xa hai ben tempo que ocorreu, pero eu entereime hai pouco. Pecharon a páxina de aduaneiros sen fronteiras, o humor da terra feito debuxo. E iso non é o malo..., o malo é o porqué. Apenas se podería enterar un co que eles contaron, pero neste artigo os de Galicia Confidencial algo contan. Isto é case autocensura, hai que ver cantos medios de comunicación galegos mencionan..., seguro que ningún deses dixo nin pío.
E non é que me importe moito o que pase coa fábrica de Sargadelos nin as lerias coa poetisa (as figuriñas son bonitiñas, non hai que negalo, pero unha empresa é unha empresa, e o de converter o toro de Osborne nun símbolo cultural non é algo do que se poda estar orgulloso, polo que tampouco faría disto un ataque á Galicia tradicional).
"As xentes da cultura" pegándose entre si, en fin, pasa até nas mellores familias...
Zona Okupada de A Cova da Meiga. Atoparedes nela cousas sobre cooperación para o desenvolvemento,ecoloxía social,software libre,xogos de rol,libros,música,películas...Porque desde a nosa "cova" podemos cambiar o que non nos gusta da sociedade! --- Zona Okupada de A Cova da Meiga. Encontraréis en ella cosas sobre cooperación para el desarrollo,ecología social,software libre,juegos de rol,libros,música,películas...¡Porque desde nuestra "cueva" podemos cambiar lo que no nos gusta de la sociedad!
No hay comentarios:
Publicar un comentario