martes, 13 de mayo de 2008

O PREGUNTÓN DE GALEANO

Onte en Santiago de Compostela o Clube Internacional de Prensa tiña un invitado de excepción, Eduardo Galeano, presentado por Manuel Rivas. De Galeano e a súa obra pouco hai que falar. Todo se sabe tamén da súa simpatía esquerdista, o seu pouco disimulado anticlericalismo e a súa aínda menos disimulada afección polo fútbol (dixo: "dúas das cousas máis importantes na vida son o humor e o amor, ademais do futbol, claro" co seu acento uruguaio, que parece feito adrede para falar de fútbol).
Veu presentar o seu novo libro (unha librería fixo o seu agosto vendendo á entrada tódala súa bibliografía, o cal paréceme moi ben, por suposto, hai que aproveitar as ocasións en que á xente lle da por comprar libros), leu e comentou fragmentos do mesmo, falou de vivencias propias e alleas, e as 2 horas que un Auditorio de Galicia a rebosar viviu foron como 5 minutos.

Desa presentación quédome con tres cousiñas (foron tantas...):
- Definiuse profesionalmente non como escritor, senon como "preguntón". Esa palabra ten moitas implicacións..., e como el mesmo dixo, como ten moitas moscas na cabeza e non atopa insecticida que as mate, pois surxen libros como este. Mira que as moscas non me caen ben, e aínda que a dona da Cova mo ten prohibido sempre que podía as cazaba..., pero se fan que salgan libros como estes é pra pensar en volverse criador de moscas. O feito de preguntar non é calqueira leria, é un arte. Saber qué preguntar soe ser a clave para atopar as solucións. E Galeano paréceme que ten unha virtude que penso que todo "preguntón" que se precie debe ter, que é saber preguntar como o faría un neno, sen prexuízos nin tabúes.
- Falou do bo que é a diversidade: a cultural (moitos mundos dentro dun mundo), de pensamento, e eu engadiría que de todo... Non en van é unha das propiedades máis importantes que aseguran á sostenibilidade dos ecosistemas (e Gaia xa vimos que é sabia...).
- A capacidade que ten de extraer pequenos detalles e esceas da vida cotiá de persoas de toda índole e de todo o mundo e fiar a partir deles pensamentos de validez universal (que me perdoen os relativistas...) e duhna clarividencia asombrosa paréceme admirable, e lémbrame a un libriño ben bo que se chama O Deus das Pequenas Cousas.

No coloquio ademais das inevitables divagacións de xente que se emociona ó ver un dos seus "mentores", ou preguntas de temas máis políticos, alguén preguntou pola visión que ten o escritor (perdón, o "preguntón") dos galegos e a súa opinión respecto da que hai en Sudamérica (para entenderse, os chistes que aquí son dos sufridos lepeiros en Sudamérica son "de gallegos"). E dixo que isto é así porque os galegos son traballadores, e a visión que hai por alí diso é de ser tontos...De feito mencionou que nun lugar ó corazón chámaselle "bobo". El pensaba que era porque se enamora, pero resulta que é porque non para de traballar dende que se nace ata que se morre...
Moito se aprende escoitando a este home...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Bravo Sergio por compartir parte do que poucos tuvimos a suerte de escuitar!
Eu añadiría unha cousa que me encanta de este "preguntón" entrañable y é o feito da esperanza que transmite en que outro mundo e posible!
E pa rematar unha frase de este genio da palabra (alma):
"La utopía está en el horizonte. Me acerco dos pasos, ella se aleja dos pasos. Camino diez pasos y el horizonte se desplaza diez pasos más allá. Por mucho que camine, nunca la alcanzaré. Entonces, ¿para qué sirve la utopia? Para eso: sirve para caminar."
Carmen

Anónimo dijo...

Un trozo da conferencia:

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2008/05/13/mirar-o-universo-polo-ollo-da-pechadura-a-leccion-de-eduardo-galeano/