Nunha imaxe de wikipedia podedes ver unha gráfica onde se compara a pegada ecolóxica co IDH. Trátase dun intento de comparar ambos enfoques, inicialmente "confrontados", de humanidade versus ambiente (cando en realidade sabemos que a primeira sen o segundo non teñen sentido, e o revés posiblemente sí...). Os resultados son chamativos (ahí non se ve moi ben, pero é curioso saber que o país que cumple o estar por debaixo dunha Terra na pegada ecolóxica e por riba dun umbral "razonable" de IDH era Cuba non hai moito. Claro, o IDH non ten en conta cousas tan importantes para o DH (Desenvolvemento Humano) como a liberdade de expresión e outras "cousiñas" das que Cuba non é precisamente un modelo. Así que realmente sí parece que o equilibrio entre o noso benestar a curto ou medio prazo choca co do noso entorno. Ó final a clave é saber si reaccionaremos antes de que sexa tarde...
Na busca de solucións, pódese facer a reflexión de que somos nos os que temos que reaccionar. A pesar da desigualdade de oportunidades para acceder a unhas condicións de vida dignas entre países, a maior presión é claramente dos países "desenvolvidos", por moito que se use e abuse da idea de que a maior parte da leña a usan nos países "en desenvolvemento" e fan presión moi grande nos recursos naturais por necesitalos "a curto prazo". Tamén nos usamos petróleo agora, e para chegar aquí arrasamos coa madeira de Europa, así que agora tócanos importar madeira doutros lados. Os números e estadísticas falan claro..., tampouco nós pensamos moito con visión a longo prazo. E non temos excusa, porque no norte asfixiamos á Terra porque non queremos parar o noso tren de vida, moi por riba do necesario, e noutras zonas o fan porque nin se poden plantexar facer outra cousa...
Zona Okupada de A Cova da Meiga. Atoparedes nela cousas sobre cooperación para o desenvolvemento,ecoloxía social,software libre,xogos de rol,libros,música,películas...Porque desde a nosa "cova" podemos cambiar o que non nos gusta da sociedade! --- Zona Okupada de A Cova da Meiga. Encontraréis en ella cosas sobre cooperación para el desarrollo,ecología social,software libre,juegos de rol,libros,música,películas...¡Porque desde nuestra "cueva" podemos cambiar lo que no nos gusta de la sociedad!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario