viernes, 11 de abril de 2008

VOLUNTARIADO E COOPERACIÓN NON PODEN IR XUNTOS?

Máis aló de que nas institucións como concellos, universidades, etc. poidan ter agrupados estes departamentos, e que o feito de separalos faga que de ser as cenicientas se convertan en cenicientas ó cadrado, penso que hai unha base filosófica que debe vencellar o voluntariado á cooperación.

O caso da universidade, que sempre me tocou máis de cerca, non creo que o seu papel na cooperación sexa soamente (nin sequera o máis importante) o de mandar profesores expertos na súas materias (e que poden saber ademais transmitilo moi ben a pesar da baixa formación do profesorado universitario en temas pedagóxicos, pero iso xa e outro tema) a contar o moito que saben no sur. Hai algo que se chama Educación para o Desenvolvemento, que é posiblemente a solución única a longo prazo, e que se fai dende ós estudantes novos, e promovendo a súa participación en actividades formativas alternativas e cívicas. Iso é tamén cooperación, e quen non teña claro iso só será unha "maquiniña dos proxectos de cooperación, sempre parches, bos ou non".

Iso non quita que haxa voluntariado noutros temas que non sexan cooperación internacional, que esixe outros coñecementos, e por iso o ideal posiblemente sexa que no equipo xestor destes temas nas institucións haxa alguén especializado en cooperación internacional, pero por favor, sen separalo do voluntariado...

1 comentario:

fpuga dijo...

Estou dacordo contigo, de feito deixoche unha reflexión de Olga Berrios:

¿Puedes promocionar el voluntariado sin voluntariar