martes, 5 de agosto de 2008

A MAN DOS PAÍÑOS

Manuel Rivas fala en A Man dos Paíños de cousas que en Galicia coñécense ben, como son a emigración e os sentimentos que produce o mar. A min deixoume algo melancólico, pero gustoume a relación especial que o protagonista tiña coa súa man "prestada" (que leva tatuados dous paíños, uns paxariños que viven na costa), e cómo o impulsaba a facer cousas case "en homenaxe" ó seu antigo dono, un solitario e silencioso amigo del. E un libriño moi breve, que ademais inclúe un relato fotográfico.

No hay comentarios: