domingo, 13 de febrero de 2011

O meu lector de libros electrónicos Pocket book 902, 1


Dadas as miñas necesidades (de lecer e traballo) de ler moito, e xa que me molesta ler na pantalle do ordenador, levaba xa tempo con ganas dun lector de libros electrónicos (ebook reader na fala anglosaxona que nos domina). Ademais, tiña claro que o quería de pantalla grande, de máis de 9 pulgadas. Estiven entre:
-Avant xl (dunha empresa española e sobre linux, pantalla táctil e uns 379 euros).
-Pocket book 902 (empresa rusa, sobre linux, sen pantalla táctil, 340 euros).
-Pocket book 903 (410 euros con pantalla táctil, como o anterior).
-Kindle 2 dx (graphite), de amazon. Nada de linux, pero prestacións inmellorables e moi boa relación calidade-prezo. Sen pantalla táctil, pero con teclado físico na parte de abaixo. O mandan desde USA, uns 360 euros.

Por qué me decidín polo pocketbook 902? Pois por dúas razóns básicas:
1) Non necesitaba pantalla táctil (que ademais encarecía un produto que xa de por si me parece absurdamente caro)
2) Vén sobre Linux (con todo o que para a "soberanía dixital" significa iso)

Ao final o comprei en PocketGoods porque o vin recomendado en varios foros, un portal alemán super-serio que en todo momento comunicábanme vía correo-e o estado da compra. Saiume con gastos de envío por 338 euros, fronte aos 342 que costaba en Pixmanía (portal francés aínda que esté en español) e 348 en Tienda libro electronico (portal holandés aínda que estén en español).Chegoume vía seur en 5 días hábiles (o comprei o domingo e o venres estaba en casa).

Así viña, ben empaquetadiño:




 O contido: o lector, unha funda ben ríxida, un cable mini-usb (para a recarga do chisme) a garantía e unhas instruccións de inicio rápido (tamén en español), xa que o manual completo vén no propio lector (aínda que non en español).
Xa irei contando a miña experiencia e que tal me saiu a compra...

No hay comentarios: