sábado, 21 de mayo de 2011

A cidadanía está na rúa!

De alí vimos, na praza do Obradoiro, e gustoume o que vin. A xente falaba de cousas que non é moi normal oir falar pola rúa, democracia participativa, transparencia, non á corrupción e moitas outras cousas que se ben poden sonar a idealismo, en realidade é o que queremos todos, así que por que non soñar?


Todos os días ás 12 e ás 20 h, asemblea. As distintas comisións contan as novidades (a de loxística, a de lexislación, a de coordinación, a de comunicación, infraestruturas, etc.). Despois pode falar quen queira. Venres ás 20 votouse non abandonar a praza nin sábado nin domingo.

 Había novos, non tan novos...

... e novíiiiiiisimos


 Con actividades culturais, música, poesía... O Coro da Rá estivo entre os que amenizaron a xornada


E pola noite...

...uns durmen, e outros andan de troula. A xunta electoral declarou ilegal a concentración, pero especificouse que non haberá desaloxo, así que había unha sensación de tranquilidade (se ben os concentrados non están libres de que os podan multar...)

3 comentarios:

Lara dijo...

desde Guatemala, lejos pero indignadas:
http://www.youtube.com/watch?v=g6VhUhkJLyI&feature=share

Sergio dijo...

Que genial, Lara!!! Abrazotes y ánimo!!!

Anónimo dijo...

Soy Javier gonzalez Alban red2

Que pena... un movimiento tan noble y lleno de ilusión que no llegue a nada porque no tenga ni lider ni programa ni nada de nada... y encima que los que lo promueven diga que si lo tuviera quedaría deslegitimado.... dios tener que luchar entre la legitimación o la utilidad.... que dificil!!!!