domingo, 29 de junio de 2008

FORTUNATO DE TRASMUNDI

Con isto inauguro unha sección de A Cova, que aínque non o creades, ata ten biblioteca. Non vai ser un lugar de crítica a libros, nin recomendacións de lectura, non son ningún experto nin pretendo selo, só, coma sempre, poñerei cousas que me transmitiron, que me lembraron, ou que ó lelos ocorréronseme. Simples "exudacións", como todo o que atoparedes en A Cova.

Fortunato de Trasmundi
, de Darío Xohán Cabana, transmitioume frescura. Non lera nada del, pero gústame o surrealismo, máis o galego que o latinoamericano, aínda que seguro que son parentes... E recordoume moito a Alvaro Cunqueiro (igual esou dicindo unha blasfemia literaria ou algo así, pero como estou no meu fogar fago e digo o que me sae...). O fútbol tomado como eixo central, como excusa dunha viaxe de exploración, e como fenómeno que une máis que desune, gustoume moito e o comparto, como xa teño mostrado noutras ocasións. E o choque e contraposición tranquilo, inxenuo, de culturas que non son tan distintas como se presupón, de xente que foron o mesmo e xa non o son, de emigrantes que viven a dous días de distancia, pero en realidade moito máis lonxe. Paréceme unha metáfora do rural e o urbano, pero cos sempre socorrido recurso de facelo nunha sociedade de pequenos duendes, paralela á nosa, algúns deles mezclados cos "grandes", e outros vivindo ocultos (que non isolados) nas 7 Parroquias, unha nación de duendes cun rei que non manda, con equipos de fútbol masculinos, femininos e mixtos, e onde o ritmo da vida é outro.

Isto da unha visión moito máis "imparcial" e obxectiva, pero na que nos recoñecemos (as diferencias de modo de vida entre os de fora e os das 7 parroquias, ós sindicatos, o traballo facéndose pasar por xente grande, a xente grande que sabe ver máis aló do que lle ensinan e moitas máis cousas verá o protagonista na súa peregrinación buscando nos duendes emigrados ós cracks do fútbol que lle fan falta o equipo do que é capitán para gañar o campionato o ano seguinte). Este exercicio de surrealismo fantástico (non realismo fantástico) esixe moita inventiva e inxenio, pero de ahí saen as mellores historias para coñecernos anos mesmos (eu son dos que prefire Futurama a Los Simpson).

No hay comentarios: