Desta nova entrega de Batman (disque a mellor das que se levan feitas), eu quédome co Jocker. Por fin déronlle a dimensión real a súa personalidade, a realmente inquietante que eu botei de menos noutras entregas (parecía máis un Graciosillo que un auténtico Bufón, que ten unhas connotacións moito máis profundas). E tamén quédome co ritmo da película, trepidante, as veces mesmo abafante (o do ambiente oscuro e siniestro tamén está moi ben logrado, pero isto xa vai intrínseco co Batman normal, se exceptuamos ó daquela serie que imitaba a comic, pero a comic de carallada...)
Zona Okupada de A Cova da Meiga. Atoparedes nela cousas sobre cooperación para o desenvolvemento,ecoloxía social,software libre,xogos de rol,libros,música,películas...Porque desde a nosa "cova" podemos cambiar o que non nos gusta da sociedade! --- Zona Okupada de A Cova da Meiga. Encontraréis en ella cosas sobre cooperación para el desarrollo,ecología social,software libre,juegos de rol,libros,música,películas...¡Porque desde nuestra "cueva" podemos cambiar lo que no nos gusta de la sociedad!
lunes, 22 de septiembre de 2008
ESTRENAMOS VIDEOTECA: BATMAN, O CABALEIRO OSCURO
Vaia modernidade a da Cova, que até videoteca ten, jejeje. Pero polo rollo do pirateo e de que queren empezalo a perseguir en serio nas redes P2P, hai que ter coidadiño co que se vé, onde, e sobre todo de ónde o sacaches. Eu, como simple okupa da Cova, limítome a ver o "material" que ela deixa por aquí cando eu non me entero, nin idea de onde o vai sacando...
Cargada en el flirck de Lord Henry
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Sergio, compartir (pelis, música, libros, ...) nas redes P2P NON é delito igual que non o é deixarlle un libro a un amigo.
Ésta é a última sentencia que o reafirma, pero non é máis que outra máis: http://www.filmica.com/david_bravo/archivos/008333.html
A lei española é clara neste sentido: compartir a través de P2P non é delito. Top-manta sí é delito.
Por moitas campañas FUD* que se fagan financiadas dende os grupos pro-SGAE.
*FUD = Medo, incertidume, dúbida = "difama que algo queda"
Por certo, o joker xenial!! xD
É boa noticia, pero estas cousas poden cambiar a través de leis fruto do lobby das institucións que se personaban como acusación particular no caso que comenta Andrés, e dalgunhas outras. Noutros países xa se está dando a persecución de usuarios de redes deste estilo mediante o método de avisos ós usuarios rastreados polo IP ós que, o parecer, lles chegan a cortar a conexión (claro, para isto ten que haber convenios coas operadoras, co que aínda non teño claro se isto realmente é un bulo ou é certo que está pasando en países como Francia).
Máis aló do legal, outro día tratarei de dar a miña opinión sobre se este tráfico de "obras" poden rematar co "arte", e os problemas de conciencia que me ocasionan...
Claro que pode cambiar. E hai que estar atento para que non cambie, facendo presión social. Mais o importante é sinalar que a día de hoxe NON é delito.
Non é delito a pesar das campañas de difamación e de "educación" que tratan de facer os sectores pro-SGAE: léase anuncios anti-piratetría dos cines ou videoclubes (que en realidade son anti-compartir e comentar o que nos gusta: un dereito básico ó que non debemos renunciar).
Publicar un comentario