Aphonnic, que eu non coñecía, gustáronme. É como se xuntaras Ramstein e Héroes del Silencio... (ahí vai un vídeo de cada tipo). Ademais tiñan letras das cañeiras, para que logo digan que hoxe só se fai música vacía (ten que haber de todo, para iso xa temos eurovisión).
Despois tocaron representantes das tres xeneracións de grupos españois de heavy metal: Baron Rojo (posiblemente o máis representativo dos grupos heavys españois, en activo desde os 80, en breve cumprirán 30 anos, e poderían seguir outros 30), Mago de Oz (cumprindo 20 anos, comenzaron a ser coñecidos nos 90 cun Rock and Roll moi fresco xa con certos toque folk e heavy, e logo derivaron cara ao metal, e sen dúbida o grupo máis comercial dos tres), e Warcry (xa cumpriron 10 anos, aínde que non foi até o 2002 cando nace realmente como banda consolidada).
Baron Rojo tocou algunha canción máis vella que a maioría d0 público, con eles nin me lembrei de facer vídeos, nin case fotos. Armando de Castro é o Kai Hansen español, sen dúbida.
Mago de Oz tiveron algún problema de sonido inicialmente, pero teñen tablas de sobra. Foron cancións dos seus dous primeiros discos (e faltoume Ancha es Castilla en versión heavy, pero é que literalmente os botaron fora do escenario, parece ser que ía todo moi retrasado, pero non puideron case nin despedirse...)
De Warcry ahí poño o estribillo dunha canción bastante coñecida..., pero lémbrome máis do remate friki-Marcha Imperial dunha das cancións que tocaron (creo que foi de Hoy Gano Yo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario