lunes, 31 de mayo de 2010

A (PEN)ÚLTIMA DE ISRAEL

O conflicto en Palestina é moi complexo. Tan complexo que, por moito que teño leído sobre el, nunca logrei ter opinión clara sobre este problema, e moito menos escribir sobre dito problema.

Pero rebélome contra a actitude avasalladora de Israel, pisoteando os dereitos humanos, disparando a "perigosos" activistas pro-palestinos "armados con palos e e coitelos" tras a abordaxe dun dos 5 barcos da "Flotilla da Libertade" por parte dun comando de élite do exército israelí. E non podo por menos que tildar de increíble a actitude do goberno israelí co comunicado que emitiu,  xustificando algo totalmente inxustificable, mesmo aínda que todo o que dí o comunicado fora certo (o cal é máis que discutible). Por outra parte, esos actos de represión desproporcionada veñen sendo a tónica habitual de Israel no conflicto de Palestina, pero claro, agora o barco atacado tiña bandeira turca...

Israel cruzou a liña. Pola miña parte, ademais de pedir ao meu goberno que condene sen paliativos e de xeito oficial esta acción e o bloqueo da franxa de Gaza simplemente por motivos de violación de dereitos humanos (e mesmo se é necesario chame a consultas ao embaixador español), e promova dende a presidencia española da Unión Europea a condea conxunta da UE,  penso que hai que ir falando de sancións internacionais (bloqueos económicos, boikot a productos israelís, expulsión de Israel de tódalas asociacións nas que participa en europa, dende eurovisión á champions, por poñer un par de exemplos "lúdicos", onde participan simplemente porque teñen diñeiro e os seus veciños non os queren...). Eu comezarei pola parte que podo, que é o boikot.

1 comentario:

mtesouro dijo...

Lamentable a actitude israelí!!

Non hai formas de pararlle os pes? Ou é que non se quere?