Asociarse é apoiar ás asociacións é algo clave para contar cunha sociedade de "cidadáns". Por iso é unha boa noticia cando se monta unha nova iniativa como a de Un Rato no Tubo, asociación Cultural de Amigos do Órgano de Ourense. E encima para promover un dos meus instrumentos favoritos, o órgano de tubos. Vaia inventiva para lograr tantos sonidos sen usar un sintetizador!!! Son auténticas obras de arte en si mesmos, pero eses instrumentos gardan moitos máis segredos no seu interior e na súa música, que a xente desta asociación irá achegándonos de xeito moi didáctico e divertido, e se espera que sirva ademais para que a provincia de Ourense protexa e promova o seu riquísimo patrimonio musical tradicional (o cal os nosos veciños portugueses fan moito mellor que nós). Non empeza moi ben a colaboración coas institucións públicas, cando a pesar de estaren invitados, nin representantes do Concello nin da Diputación Provincial asistiron á presentación da asociación (será que non creen na cultura se ven da autoxestión e da libre asociación? será que prefieren o "despotismo ilustrado cultural"?
Non importa, se a xente quere, ao final os seus representantes quererán! Así que, eu xa son amigo do órgano.
Zona Okupada de A Cova da Meiga. Atoparedes nela cousas sobre cooperación para o desenvolvemento,ecoloxía social,software libre,xogos de rol,libros,música,películas...Porque desde a nosa "cova" podemos cambiar o que non nos gusta da sociedade! --- Zona Okupada de A Cova da Meiga. Encontraréis en ella cosas sobre cooperación para el desarrollo,ecología social,software libre,juegos de rol,libros,música,películas...¡Porque desde nuestra "cueva" podemos cambiar lo que no nos gusta de la sociedad!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Enhoraboa por o teu escrito. A mi tamen, gustame moito o organo de tubos . Pareceme un instrumento fantastico!.
Inscribireime na asociacion.Hai que apoiar estas iniciativas
Publicar un comentario