A principios de decembro tivo lugar en Santiago o Foro Social Galego, enmarcado dentro do Foro Social Mundial, onde déronse cita persoas que o que realmente tiñan en común é que queren cambiar o mundo, porque consideran que algo non funciona ben...
Realmente reunironse aquí moitas persoas de distintas asociacións e movementos (aínda que penso que nestes foros importan moito as persoas, que logo serán as que transmitan dentro dos movementos ós que pertencen as reflexións que se fixeron e se compartiron). Entre os medios de comunicación pasou lixeiramente inadvertido (sí houbo referencias como na Voz de Galicia, o Correo Galego, El País, o Xornal de Galicia, indirectas vencelladas a personaxes públicos como en La Región, e sobre todo fíxose eco Altermundo, suplemento de Galicia Hoxe). Noutros blogs e medios na web, uns simplemente fixéronse eco, outros diríxennos cara aos máis versados, outros chamaron pola Alianza Galega por unha Europa social, que se promoveu na asamblea de movementos sociais do último día, tamén houbo reflexións máis xerais, outras máis específicas dos distintos movementos e asociacións tranmitindo as mensaxes, como VSF, Amarante, comentarios ou fotos da súa participación como A Cova da Terra, ou Enxeñería Sen Fronteiras, pero tampouco demasiado. Igual fáltanos darlle a importancia que ten á difusión na web, e as actividades do día a día non permiten empaparse ós movementos desta cultura do transmitir máis aló...
Aquí podedes ver as crónicas das ponencias. Eu estaba interesado sobre todo nas que teñen que ver co consumo responsable e a soberanía alimentaria, e modelos de desenvolvemento sostibles (fálase moito do decrecemento dende hai un tempo) como parte da solución ou da tendencia que eu vexo máis esperanzadora para que realmente isto cambie (nun dos blogs vencellados á Voz de Galicia falaron precisamente destas ponencias, que na propia páxina do Foro non seguiron moito). Porque, ante tanta calamidade, cambio climático, crises variadas, demandáronse solucións reais.
Ponencia "Soberanía alimentaria, unha alternativa á crise provocada polas políticas agrarias e alimentarias" , onde criticouse con dureza as trabas administrativas para promover a producción local, que ás veces son deseñadas polas propias multinacionais.
Con qué me quedei eu? Con pinceladas, porque foi moita información (e iso que non puiden ir a todo o que me gustaría).
¿Qué podo facer eu no meu entorno para cambiar este tinglado? Hai que combinar iniciativas de transformación co cambio de políticas a través da presión (actuar de abaixo arriba presionando para que tamén se promova o cambio de arriba abaixo, e como un proceso iterativo ou de xogar o tenis...). Isto pódese dar a nivel persoal, pero como realmente se alcanza potencia e mediante a acumulación de forzas, con espacios para la dialéctica e para a acción, e iso faise a través de movementos e de redes (co que a internete é unha gran ferramenta, a pesar da brecha dixital e as loitas dos defensores do software libre, que tamén se mencionou de pasada).
Como bo foro, o intercambio de ideas e opinións discrepantes tamén se deu, e eu detectei sobre todo dúas "grandes discrepancias" entre a xente que en xeral se autodenominaba de "esquerda alternativa" (sexa o que sexa iso...):
- Unha era a que se daba entre os que veñen da rama da política e descubren os movementos sociais para o cambio (mesmo case pasando dunha "dictadura do proletariado" á "dictadura dos movementos sociais"), fronte ós "ecoloxistas sociais", que teñen unha visión integral do sistema biosfera e tratan de encadrar nel o ser humano mantendo a súa condición humana (condición que nin moito menos está todavía pechada o 100 por 100) respetando ó resto dos elementos do sistema (máis que nada porque, falando mal, se non imos todos a tomar polo saco...). Nótase que a min me mola máis esta segunda tendencia, eh?
- A outra era entre os que defendían a acción dos movimentos sociais como un fin, buscando o cambio por si mesmos, ignorando ou no mellor dos casos incorporando como un movemento máis aos partidos políticos vixentes, que consideran unha "ferramenta xa desgastada" (tendencia claramente anarquista), fronte ós que falaban de loita de clases e necesidade de reflectir os avances e exemplos dos movementos sociais en novos partidos reformistas capaces de asimilar este desexo de cambio (esquerda política máis tradicional, comunistas varios e similares máis ou menos reformistas).
Na ponencia "Consumo responsable, construíndo alternativas desde Galicia", os poñentes de Veterinarios Sen Fronteiras, Grupo promotor da banca ética en Galicia, Amarante, Verdegaia e a Rede de Consumo Consciente, trataron de poñer sobre a mesa solucións desde o local
Neste intercambio de opinións chegouse a falar mesmo do concepto gramsciano de hexemonía respecto ás ideas: un ten hexemonía se as ideas que propón van calando na sociedade e pasan a formar parte do paradigma intelectual colectivo. Estou dacordo de que o instrumento para conseguir este tipo de hexemonía é o que chaman "a seducción co exemplo" ou "acción exemplarizante". Isto xa se ven comentando dende hai tempo, recentemente aínda o lera nun artigo referido o proceso de renovación de IU e as loitas polo poder que a debilitan. Ademais de ser un máis que fai actuacións de cambio, créase un efecto entre o entorno de ver que o cambio é posible.
Non chega con estar sensibilizado, con tomar a pastilla vermella de Matrix, tamén hay que actuar, e comezar xa!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario