Se Harpo Marx tocara a batería (e vivira en Galicia) a tocaría en Marful. Xenial o concerto de onte no Teatro Colón en A Coruña, onde presentaron o seu disco "Manual de Seducción". A pesar de ser nun teatro e sentado, eu sentín unha intimidade e implicación no concerto que fixeron que as dúas horas con un único e prolongado bis se me pasaran nun suspiro. Definicións do que é seducción escritas en tarxetiñas polo público e lidas por Ugía Pedreira (vaia voz!!! cantas cousas pode facer esta muller coa voz!! bueno, e tamén coas expresións da cara e do corpo, parece teatro musical), o vestiario luminoso (Gonzalo é un xenio), o baile do faroliño de Bahía (ou de "A Cepeda", que tamén é típico nas verbenas dalí) ou a prodixiosa cantidade de trastos e xoguetes que o percusionista (que non forma parte "oficialmente" do grupo) usaba para sacar os sonidos máis extranos e surrealistas (e por riba quedaban chulísimos!!). E a música, irónica e intelixente, tan variada en estilos como persoal coa voz inconfundible de Ugía. Viva a música en directo! E tamén o teatro!
Zona Okupada de A Cova da Meiga. Atoparedes nela cousas sobre cooperación para o desenvolvemento,ecoloxía social,software libre,xogos de rol,libros,música,películas...Porque desde a nosa "cova" podemos cambiar o que non nos gusta da sociedade! --- Zona Okupada de A Cova da Meiga. Encontraréis en ella cosas sobre cooperación para el desarrollo,ecología social,software libre,juegos de rol,libros,música,películas...¡Porque desde nuestra "cueva" podemos cambiar lo que no nos gusta de la sociedad!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Hola, Sergio, son unha "adicta" a Marful, pero..., dende Barcelona, e a tua crítica-comentario, fíxome estar ahí, sentada no Colón. Mil gracias..., ademáis non me puiden resistir e púxeno no Facebook (é a primeira que puiden ler), e citéi a fonte, eh!! Graciñas, neno..., dende a emigración, agradécese que conpartades estos temas!! Graciñas, otra vez!!
Alégrome de poderche achegar algo da maxia do directo!
Publicar un comentario