En Santiago había dúas manifestacións convocadas. Unha de UGT e CCOO dende ás 12 dende a Alameda á Praza de Praterías, e outra de CIG e CNT dende as 12:30 saíndo da Praza Roxa á Praza de Praterías (onde non coincidiron apenas, xa se coidaron moito de que unha rematara antes).
Notouse certo castigo aos sindicatos UGT e CCOO (con moita menos xente do que sería esperable nas manifestacións que eles promovían).
Deixo algunha fotiño e vídeo da manifestación dende a Praza Roxa, onde a CIG repartiu panfletos que facían gran incidencia na importancia da "autodeterminación" para mellorar o benestar dos traballadores (excesiva, para min). Gustoume máis o panfleto do CNT, máis informativo de como afecta aos traballadores ás reformas do goberno. Tamén os poño para que os vexades.
Do CNT
A contra-cara do da CNT
O da CIG
Onde comezaba a manifestación
En marcha ao son dos djembés!
Quedeime nunha das poucas zonas onde non se veían bandeiras (oxalá todas foran así..., sen bandeiras sen fronteiras)
En Praterías
No hay comentarios:
Publicar un comentario