Hoxe é o blog action day! Acabo de enterarme (estes días ando algo empanao e más pendente do local, coa inminente firma do Pacto Galego contra a Pobreza, mañá en Santiago). Pero se trata dun tema que sempre me tocou moi de preto por ser un dos eixos de traballo máis importantes de Enxeñería Sen Fronteiras.
Neste eido, aparte dos temas máis éticos e "filosóficos" de Dereito Humano (por fin recoñecido pola ONU), da parte máis sanitaria e hixiénica (vencello indisoluble o de acceso a auga e saúde), da sensibilización medioambiental (onde a auga soe ser protagonista), e tamén as solucións "técnicas" máis ou menos idóneas ou "apropiadas" (das que tamén se fala bastante), gustaríame lembrar aquí un ámbito que eu sempre valorei moito como clave para que todos os outros se articulen e coordinen para lograr por fin un acceso universal ao auga. Trátase do ámbito institucional.
Vaia dende aquí, pois, unha chamada de atención ás institucións públicas que en tódolos países teñen as competencias legais ou mesmo éticas de proveer de acceso a auga de calidade e saneamento a toda a poboación, e tamén ás organizacións comunitarias autoxestionadas que soen ser moi eficaces na xestión e defensa dos recursos naturais (e ás veces o único que hai na zona) e paga a pena fortalecer en calquer programa de acceso a auga, como a premio nobel 2009 de Economía Elinor Ostrom se encargou de facernos ver. Ostrom lembrounos ademais que un recurso complexo debe xestionarse cunha estructura complexa que cubra os ámbitos estratéxicos, tácticos e operativos, e de xeito que as perspectivas xerais ou globais se atopen coas locais (a través de estructuras de aneis ou como fora).
De ahí a importancia de fortalecer en temas de agua tanto a administración pública, como aos organismos de cunca hidrográfica (con participación dos distintos actores), como as Xuntas de Auga locais ou veciñais (que existen en todo o mundo con distintos nomes), sen descoidar os foros globais como os que pretendían incluir ao auga nas negociacións da OMC por moito que algúns lle quitaran ferro ao asunto...
Que non se laven as mans!!
Zona Okupada de A Cova da Meiga. Atoparedes nela cousas sobre cooperación para o desenvolvemento,ecoloxía social,software libre,xogos de rol,libros,música,películas...Porque desde a nosa "cova" podemos cambiar o que non nos gusta da sociedade! --- Zona Okupada de A Cova da Meiga. Encontraréis en ella cosas sobre cooperación para el desarrollo,ecología social,software libre,juegos de rol,libros,música,películas...¡Porque desde nuestra "cueva" podemos cambiar lo que no nos gusta de la sociedad!
1 comentario:
No sé si lo hiciste a propósito o no, pero lo de "Que non se laven as mans" te quedó como un bonito juego de palabras muy acorde con la entrada =) "Que se mojen, que se mojen" ;)
Publicar un comentario