sábado, 4 de octubre de 2008

BUSCANDO LONXE O QUE HAI NA CASA

Non sei se será a mellor praia do mundo, pero sí a mellor das que eu vin (por riba mesmo de Zanzíbar ou o Caribe nicaragüense, e iso que aínda me faltan As Cíes..., é como comparar un precioso gato de Angora cun precioso e salvaxe leopardo...): a praia das Catedrais, no frío e misterioso Mar Cantábrico, no lucense concello de Ribadeo (todavía galego, pero tamén raiano).


Que pequena é a xente...


¿Será esta A Cova? Non sería mal sitio...


Agora xa sabedes de onde ven o de As Catedrais...

O Castelo do Mar

Alí cerquiña hai outros lugares con encanto, como a praia de Os Castros,onde un se pode bañar a calquer hora do día sen ter que fuxir da marea (aínda que eu non as tiña todas comigo, na marea alta quedan só uns currunxiños de praia entre rochas que che fan dubidar...)

1 comentario:

Peregrino dijo...

Vaia piropo que nos botas... Aínda que supoño que chegados a niveis tan altos de praias, todas gustarán a todos e todas entusiasmarán a algúns. Eu máis que cunha praia, quédome con toda a costa das Rías Baixas, de Praia América á Praia de San Lorenzo, á saída da ría de Muros... E máis alá :-) Unha gozada descubrir a cada viaxe unha caliña preciosa e cun carácter particular que a diferencia das demais.